viernes, 25 de enero de 2013

a literatura en Galicia na idade media


En Galicia e Portugal, durante os séculos XIII, XIV e XV, aínda imperaba o sistema feudal no cal a nobreza e a igrexa posuía tódalas terras que alugaba ós servos ou campesiños. Os nobres exercían un control político e a Igrexa un control  ideolóxicos sobre os servos ou campesiñado. As clases privilexiadas cobraban foros ou impostos ós campesiños polo uso ou cultivo das terras e pola protección que lles prestaban no castelo cando a vila era atacada. 

No século X comeza no Norte da Península a Reconquista dos territorios dominados polos mouros que remata no século XVcoa conquista de Granada. Os exércitos dos nobres foron os encargados da loita. Co avance da Reconquista a nobreza comeza a ter menos traballo e máis tempo de lecer polo que xa non se dedica tanto actividades guerreiras senón a cultivar diversas artes na corte como a poesía. O fluxo de persoas que trae o Camiño de Santiago trae unha nova moda de Francia que é un tipo de poesía que fala do amor cortés.

As cantigas en galego-portugués máis antigas que se conservan datan do século XIII e eran recitadas e compostas polos trobadores que eran os nobres que compoñían a letra e música destas cancións. Diferenciábanse dos xograres en que  procedían do pobo baixo e intrepretaban as cantigas chegando incluso algún deles a compoñer. Os músicos eran chamados menestreis. As soldadeiras eran mulleres que ían cos soldados as numerosas guerras, que houbo nesta época

As cantigas poden ser de tres tipos. As de Cantigas de amor diferéncianse das de amigo en que nas primeiras unha voz poética masculina mentres que nas segundas unha voz poética femenina. O espazo no que se desenvolven as Cantigas de amigo adoita ser naturais mentres que as de amor  non se fai referencia ao espazo.

Os temas que tratan as Cantigas de escarnio e maldicir son:  a covardía dalgúns nobres, os vicios do clero ou a moral dubidosa das soldadeiras . Outros xéneros menores son: a tenzó que consiste en poemas dialogados entre dous trobadores ou xograres, a pastorela que tiña como protagonista unha" pastor" a quen loaba unha voz masculina, o pranto que trata de facer unha elexía alguen morto e as albas ou alboradas que tratan de  da chegada do día, momento da separación dos amantes.

Un dos trobadores máis destacados é Alfonso X O Sabio (elixe un) autor da seguinte composición (busca unha das súas cantigas e pégaa no blog) que trata de 
a vida da virxe do mundo
Cando a nobreza galega é substituída pola castelá o uso escrito do galego entra en decadencia: comezan os chamados Séculos escuros . As causas da perda de poder da nobreza galega foron a perda de poder político e administrativo do Reino de Galicia . A miña opinión con respecto a isto é  que antes en Galicia a vida era moi dura.

En definitiva, a literatura da Idade Media no século XIII destacan as cantigas Galego-Potugues máis antigas.














No hay comentarios:

Publicar un comentario